luns, 29 de xullo de 2013

O PAZO DE BAZÁN (1)


Empezamos esta entrada cun texto escrito por Xaquín Sánchez Peña na súa Historia de Cambados:

No apartado de casas señoriais de Cambados di:

"La de Izquierdo: tiene huerta de 56 ferrados y 7 concas, limitando al Norte con el camino que conduce al crucero de Vilariño, Sur, muro que la divide de las cortes (?) que perteneció a la familia de Peña (hoy Rodiño), Este, la robleda e iglesia de S. Francisco y Oeste, la Calzada que la divide de playa mar. En la actualidad está dividida por la carretera de Gondar a Villagarcía, quedando unida a la casa la cantidad de 10 ferrados y La Granja llamada de Bazán tiene 26 ferrados y tres concas (...) El apellido de Bazán proviene de una palabra vasca que significa "todos de una calidad", en la lucha contra los moros, Sancho VIII, rey de Navarra, ennobleció a todos los baztaneses, su blasón es el tablero de ajedrez. (...) La huerta es hermosa aun cuando está dividida por las carreteras que conducen de Gondar a Villagarcía y de Cambados a Pontevedra y por el camino que va a la Iglesia de S. Francisco (...)

El 5 de julio de 1784 nació aquí D. Miguel Pardo Bazán, hijo de Doña Luisa Bazán Ojea de Mendoza y de padre desconocido, fue bautizado el mismo día, habiendo sido padrinos D. Julián Zárate y Murga, Marqués de Montesacro, residente en Sto Tomé do Mar. Al año siguiente el 17 de junio D. Juan José Pardo, capitán del real cuerpo de artillería, declaró ser el padre de D. Miguel. D. Juan José es hijo de D. Pedro Patiño y Doña Ángela Pardo de Cela, natural de S. Julián de Coirós. D. Miguel Pardo Bazán casó en 1821 en La Coruña con Doña Joaquina Mosquera y Ribera, teniendo por hijo a D. José pardo Bazán, abogado en La Coruña de quien era hija Doña Emilia Pardo Bazán".

Falando de "La de Izquierdo" referíase Sánchez-Peña á última dona do Pazo de Bazán: María de la Valvanera Salomé Izquierdo Zárate que casara con Juan Armada Losada, pasando a ser entón Marquesa consorte de Figueroa. Neste matrimonio uníanse as tres grandes casas fidalgas de Cambados: os Zárate (Santomé), os Bazán e os Figueroa (Fefiñáns). Pero a parella non tivo descendencia, parece que a natureza nega fillos a quen ten para mantelos e viceversa. "A de Izquierdo" morre o 23 de agosto de 1952 e no seu testamento deixa a súa herencia ao que despois será o Asilo de ancianos desamparados de Cambados.

María Valvanera Izquierdo aparece nesta foto sentada no centro esquerda da imaxe, co rostro lixeiramente de perfil. Recoñecemos tamén na esquina superior esquerda a un novo Plácido Castro. A foto é da festa da Pastora de 1926. Agradeceriamos que si alguén recoñece a máis personaxes na foto que nolo faga saber.  Pois Xoán Antonio Pillado axudounos, el pensa, e cremos que acerta, que o home vello que está a carón de Plácido Castro é o Marqués de Figueroa, Juan Armada Losada, marido de Valvanera Izquierdo. A figura que está detrás do cura que apoia a súa man é Enrique Vidal. A carón do cura pode estar o mestre Antonio Magariños Granda. E finalmente o 2º home abaixo á dereita pode ser o alcalde de Cambados nesas datas: Juan Salgado Pérez. Tamén nos comenta X. Antonio que:

"A presenza de Plácido Castro tén a súa explicación. Nesta época acompañaba á súa nai, que viña tomar os baños á Toxa, pero que paraba en Cambados, como moita outra xente que collía a diario a motora para desplazarse ao balneario. Neste ano de 1926 Plácido Castro colabora coa organización das Festas da Pastora, que daquela eran as máis importantes de Cambados. Esta colaboración valeralle que a Corporación Municipal tome un acordo plenario no que lle amosa o seu agradecemento e felicitación". 

Tamén Sindo Mosteiro botou unha man, pensa que a figura con bigote que está nun extremo á dereita da foto é o avogado cambadés José González Fraga do que pode que falemos noutra ocasión grazas aos datos e fotos que o propio Sindo nos facilitou. Grazas!



Seguindo o relato de Sánchez-Peña, collimos este plano do recomendable libro de Jacobo Domínguez sobre a "Juventud" de Cambados. Nel aparece delimitada con forma máis ou menos triangular, a "Granxa de Bazán", ese terreo da familia do Pazo de Bazán que quedou separado do resto da propiedade pola construcción da estrada de Vilagarcía a Gondar (hoxe Avda de Madrid que vén da rúa real) e a estrada de Cambados a Pontevedra. No plano vense claramente fitos de referencia que cita S-P no seu texto e tamén aparece á esquerda marcada a horta do Pazo da familia Taboada (onde estivo o supermercado Moldes, na praza Ramón Cabanillas). Na parte inferior a Carballeira de S. Francisco (expropiada pola desamortización aos frades do antigo Convento franciscano de Cambados) e onde se celebraba unha feira de gando. No plano aparece sinalado: "Campo de la Fer(ia).

Ese terreo da Granxa de Bazán, tal como nos conta Jacobo no seu libro, foi donado por Valvanera Izquierdo para a construcción dun edificio para a "Juventud Católica", iniciativa do párroco Jesús Rodriguez Cadarso.

Volvemos ao texto de S-P para falar dos escudos. O Pazo de Bazán será destruído totalmente para contruír o actual Parador do Albariño (volveremos sobre isto noutra entrada). Porén da verxa exterior que o rodeaba conservouse algún elemento como os dous escudos que flanqueaban a entrada:


Na esquerda aparece un escudo co "jaqueladao" ou axedrezado do que falaba S-P, símbolo dos Bazán. No da dereita (abaixo) seguindo o libro de heráldica de J. Vázquez Casais comentaremos que aparece unha coroa de Marqués, a salutación AVE MARÍA GRATIA PLENA dos Mendoza e no cuartel inferior as 3 flores de lis dos Pérez.




2 comentarios:

  1. Interesante foto, Maribel. Voume arriscar e tratar de identificar algúns dos personaxes. O que está ao lado de Plácido Castro penso que é o Marqués de Figueroa. O que está atrás, no centro, coa man pousada no ombro do crego, que non é Cadarso, me parece que é Enrique Vidal Oubiñas, casado con Dolores del Valle Bechade,"A Francesa", que pode ser a señora que está no centro, ao lado de Valvanera Izquierdo. Detrás dela creo recoñecer a Antonio Magariños Pastoriza. E o segundo pola dereita, abaixo,se non me equivoco, é Juan Salgado Pérez, alcalde de Cambados daquela. A presenza de Plácido Castro tén a súa explicación. Nesta época acompañaba á súa nai, que viña tomar os baños á Toxa, pero que paraba en Cambados, como moita outra xente que collía a diario a motora para desplazarse ao balneario. Neste ano de 1926 Plácido Castro colabora coa organización das Festas da Pastora, que daquela eran as máis importantes de Cambados. Esta colaboración valeral le que a Corporación Municipal tome un acordo plenario no que lle amosa o seu agradecemento e felicitación.

    Xoán Antonio Pillado Silvoso

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Creo que acertas de cheo, só dúas puntualizacións, polas datas debe ser Antonio Magariños Granda, non Pastoriza e outra, Enrique Vidal casou con María del Valle, irmá da Francesa, que teño recollido que naceu en 1885, polo que tería nesa data 41 anos, e a señora da foto parece máis vella, pero era gran amiga de María Izquierdo segundo recolle Jacobo no seu libro, puidera ser.

      Eliminar