tag:blogger.com,1999:blog-4791280962245537555.post4049229779606382863..comments2022-04-06T03:30:34.334+02:00Comments on Fotos antigas de Cambados: O PAZO DE BAZÁN (1)Unknownnoreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-4791280962245537555.post-20191970758424940392013-08-06T08:47:04.691+02:002013-08-06T08:47:04.691+02:00Creo que acertas de cheo, só dúas puntualizacións,...Creo que acertas de cheo, só dúas puntualizacións, polas datas debe ser Antonio Magariños Granda, non Pastoriza e outra, Enrique Vidal casou con María del Valle, irmá da Francesa, que teño recollido que naceu en 1885, polo que tería nesa data 41 anos, e a señora da foto parece máis vella, pero era gran amiga de María Izquierdo segundo recolle Jacobo no seu libro, puidera ser.Maribel Iglesiashttps://www.blogger.com/profile/15308065802679412206noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4791280962245537555.post-8221515119518906192013-08-01T20:23:09.912+02:002013-08-01T20:23:09.912+02:00Interesante foto, Maribel. Voume arriscar e tratar...Interesante foto, Maribel. Voume arriscar e tratar de identificar algúns dos personaxes. O que está ao lado de Plácido Castro penso que é o Marqués de Figueroa. O que está atrás, no centro, coa man pousada no ombro do crego, que non é Cadarso, me parece que é Enrique Vidal Oubiñas, casado con Dolores del Valle Bechade,"A Francesa", que pode ser a señora que está no centro, ao lado de Valvanera Izquierdo. Detrás dela creo recoñecer a Antonio Magariños Pastoriza. E o segundo pola dereita, abaixo,se non me equivoco, é Juan Salgado Pérez, alcalde de Cambados daquela. A presenza de Plácido Castro tén a súa explicación. Nesta época acompañaba á súa nai, que viña tomar os baños á Toxa, pero que paraba en Cambados, como moita outra xente que collía a diario a motora para desplazarse ao balneario. Neste ano de 1926 Plácido Castro colabora coa organización das Festas da Pastora, que daquela eran as máis importantes de Cambados. Esta colaboración valeral le que a Corporación Municipal tome un acordo plenario no que lle amosa o seu agradecemento e felicitación. <br /><br />Xoán Antonio Pillado SilvosoMaribel Iglesiashttps://www.blogger.com/profile/15308065802679412206noreply@blogger.com