Amosando publicacións coa etiqueta igrexa de san bieito. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta igrexa de san bieito. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de setembro de 2012

HISTORIA: OS HOSPITAIS DE CAMBADOS E FEFIÑÁNS ( II)

Falamos na entrada do sábado pasado do Hospital de Cambados, falaremos hoxe do Hospital de Fefiñáns. Tamén neste caso hai unha inscrición que nos confirma a posibilidade da existencia dende tempos antigos dun hospital en Fefiñáns. O historiador José Caamaño Bournacell, na biografía que fai do señor de Fefiñáns: Fernando de Valadares di que data de 1458, pero unha vez máis este autor non indica de onde obtén o dato. 

 Dato certo si é porén, a inscrición da que falamos, que está situada no muro sur da igrexa de S. Bieito debaixo do escudo doutro señor de Fefiñáns, pai do anterior, Gonzalo de Valladares. A inscrición lese doadamente pero hai que ter en conta as numerosas abreviaturas que utilizan. Literalmente di así:
“LOS SEÑORES DON GONZALO DE VALLADARES Y DOÑA MARÍA OZORES SU MUGER PROSIGUEN EN LO QUE SUS ANTECESORES PRINSIPIARON:  AN HECHO TORRE  CAMPANAS  OSPITAL  PLATA  Y ORNAMENTOS: NADIE TENDRA PARTE EN TODO LO HECHO DENTRO NI FUERA: NI LO TENDRAN EN LO QUE ISIERE: QUE ASI SE LO MANDAN A LOS SUSESORES A QUIENES LEGAREN EL PREMIO: ANO 1634”


A inscrición está situada no muro sur da Igrexa de S. Bieito, sobre a porta de acceso lateral á igrexa e debaixo dun escudo ou brasón de Gonzalo de Valladares e Sarmiento, I Vizconde de Fefiñáns. No escudo aparecen a coroa de vizconde, a cruz de Santiago e os símbolos familiares dos Valladares (axadrezado), Sarmiento (roeles ou círculos), Osorio (león rampante) e Soutomaior (bandas “jaqueladas”).

venres, 30 de xullo de 2010

PROCESIÓN DE S. BIEITO

Nesta época estival mestúranse neste querido pobo de Cambados, devoción e troula cunha paixón que nunca deixará de sorprenderme.

Manuel Rial, da florería Tabaiba de Fefiñáns, pasounos unha chea de fotos de Cambados moi interesantes que iremos publicando pouco a pouco, empezamos hoxe con procesións:

Temos que agradecer a Manuel Rial que no las deixase e a Adela Leiro que as escaneou.

PROCESIÓN DE S. BIEITO

1
2
3

4
5


6

7
8
9

domingo, 24 de maio de 2009

FEFIÑÁNS A PRINCIPIOS DO S. XX

Igrexa de S. Bieito












Praza do Mercado







Escalinata frontal na Igrexa