O cruceiro de Santomé no seu emprazamento orixinal á beira dos muros do Pazo de Montesacro, na actual rúa da Alameda Vella
Emprazamento actual
E isto é o que nos conta Sindo:
"O cruceiro que hoxe se sitúa na praza inmediata á fonte de San Tomé do Mar é un exemplo de mal trato ao longo do tempo. Como ben se pode apreciar o seu estado de conservación é un tanto deficiente en parte debido á súa situación histórica ao pé do mar, na Alameda Vella de San Tomé á beira dun tramo de muralla do pazo de Montesacro, hoxe desgraciadamente destruído nesa parte. Tantos anos de temporal e salitre deixaron a súa pegada impresa difuminando cada liña labrada na pedra. A isto súmase o traslado realizado nos anos 50 do pasado século, coincidindo coa construción dun grupo de casas sociais para os mariñeiros no lugar da alameda xa dita. Mais os seus males non haberían de remataren aí pois recentemente sería derrubado por un vehículo conducido por un chófer pouco habilidoso polo que se ve. Quedou tronzado en moitos anacos como ben se pode ver nas pegadas persistentes tras a restauración.
Érguese sobre dous pasos e un dado, enriba dos que se eleva o varal de sección circular, onde se incorporan os Instrumentos da Paixón en moi mal estado de conservación, case imperceptibles. O capitel é unha estilización bastante simple cun bocel e volutas nos catro ángulos, centrando o eixo catro discos decorados cunha esvástica que semella remitir a un signo astral. A cruz é ancorada e presenta por unha cara ao Cristo crucificado e pola outra á Quinta Angustia coa Virxe recollendo no colo o corpo de Cristo morto, cos seus pés apoiados enriba da caveira de Adán como símbolo da redención do pecado orixinal e do lugar de crucifixión enriba da tumba dese primeiro home mítico. Para a xente do mar de San Tomé no pasado realizar certos ritos arredor deste cruceiro garantía unha boa pesca; hoxe seica confían mellor no sónar e a electrónica de a bordo".

O cruceiro da rúa Hospital
Nesta foto aparece descabezado, sen a cruz superior
"O cruceiro de San Roque está actualmente situado diante da fachada
principal da capela de Santa Margarida, colocado de xeito que non se
pode apreciar correctamente a parte posterior, tras o traslado nos
anos 60 do século pasado desde o cruce do camiño de San Roque coa rúa
do Hospital. O asunto era que fixeran daquela un garaxe para unha
empresa de transportes á beira e non collían por un camiño tan
angosto. Cousas do progreso.
Foi mandado facer no século XVII seguramente polos Abraldes, propietarios do pazo que se abeiraba á capela até a súa destrución a finais do século XIX. O pé está formado por dúas gradas e un dado achafranado. O varal ten oito caras e incorpora unha figura de santo con indumentaria de peregrino, bordón e libro na man esquerda. Probablemente represente a san Roque, aínda que os atributos iconográficos non sexan claros ao respecto. O capitel é moi esquemático e presenta unha serie de volutas. A cruz porta por unha cara o Cristo crucificado sobre o que se labra a habitual cartela co lema INRI. Na cara oposta sitúase unha imaxe da Quinta Angustia ou Piedade onde a nai ten conta do corpo do Cristo morto no colo". Texto Sindo Mosteiro.

O cruceiro dos Pazos
Na foto superior está o cruceiro situado diante da casa dos Pazos, tamén chamado Pazo de Ulloa ou de Quintanilla e ultimamente de Daporta. Pero polo que vemos na foto inferior tamén cambiou de emprazamento
O cruceiro da Pastora
Nesta foto tamén aparece o cruceiro descabezado
"O cruceiro do Castro de Santa Mariña ou do Monte da Pastora, en Cambados, é un elemento de moita calidade na súa talla, moi semellante en estilo ao de Carballás. Desgraciadamente o seu estado de conservación é bastante malo. Non hai máis que ver como está a cara Leste, onde se colocou unha Virxe das Dores enriba dunha testa de anxo. Desapareceu a faciana da Virxe e tamén desapareceron na súa maior parte os brazos da cruz. Pola cara de Poñente a cousa aínda está peor, do Cristo non fica ren. Este cruceiro, xunto con outros e unha serie de marcos inscritos cunha lenda, delimitaban as vellas xurisdicións de Fefiñáns e Cambados". Texto: Sindo Mosteiro.
Neste mapa de finais do s. XVI aparecen marcados algúns dos cruceiros de Cambados que como dixo Sindo no texto anterior servían para marcar lindes entre os señoríos de Cambados. Vense tres cruceiros que poideran corresponder aos de S. Roque e Santomé na parte inferior e ao do lugar do Cruceiro en Vilariño na parte superior esquerda.
E por último aportamos unha foto que Adela Leiro ten catalogada como dun cruceiro de Castrelo pero non estamos seguros, haberá que preguntarlle a Sindo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario