domingo, 4 de outubro de 2009

CAMBADOS EN PELÍCULAS


"El Haiga que cruzó Galicia"

O xornal La Voz de Galicia do 14 de set. do 2009, faise eco, nun artigo de Miguel Anxo Fernández, da edición en DVD da película "Luna de miel" producida polo galego Cesáreo González e dirixida polo británico Michael Powel, autor entre outras películas de "As zapatillas vermellas" ou "O ladrón de Bagdad". A trama arrinca no porto de Vigo, a onde chega unha parella de extranxeiros que viaxarán por España nese coche coñecido entón como "haiga". De Vigo van a Redondela e Cambados, de onde se ven vistas do barrio de Santo Tomé, da Rúa Real e da Praza de Fefiñáns, para continuar despois a Santiago e por toda España. Unha desas imáxenes de Fefiñáns aparece recollida nesta fotografía, anque na película parece que é a toda cor.


A película é de 1958




O 16 de outubro pasado asisitimos nas adegas de Martín Códax á presentación do estupendo libro de Sabela Pillado Villaronga, "O Cine en Cambados", con permiso da autora escaneamos algunhas imaxes que aparecen agora aquí.

Da película Luna de Miel, da que xa falamos, catro novos fotogramas:


En Santomé, ao lado da actual "Casa do pescador"






Na rúa Real





Na Praza de Fefiñáns







Da película " El Hereje", dirixida por Francisco Borja Moro en 1957 temos esta imaxe. Comenta no seu libro Sabela Pillado: " O protagonista diríxese a unha poboación a carón da súa, á que denomina Castrofuerte. Cando baixa do camión que o deixa nese lugar, o que aparece é a praza da Leña de Pontevedra, e no cambio de plano, a igrexa á que se dirixe e pola que sobe as escaleiras á a de S. Bieito de Cambados. Así mesmo, o figurante que estaba apostado no alto das mesmas era un veciño de Cambados, señor José "O pajarito", que contou daquela co seu intre de sona".




Película de Cambados e O Salnés en 1959, "Galicia al día"

Armando Hermida Luaces foi un emigrante ourensán na Arxentina que fixo fortuna como comerciante de cacao. Mercou unha cámara de cine e nas viaxes que facía a Galicia rodaba material que logo montaba na Arxentina e proxectaba alí para os seus paisanos. Destacan dúas obras: "Galicia al día" un percorrido polas catro provincias galegas e "Alma Gallega". A través da web de Vivir Cambados enterámosnos da existencia do primeiro dos documentais citados que foron colgados en you tube por Abel Sineiro e tirando do fío en internet reunimos esta documentación. A cinta orixinal consérvase no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

A película da provincia de Pontevedra é de 1959 e dura 51 minutos. Empeza falando da cidade de Pontevedra e logo de Marín, Redondela, Mondariz, Vigo, Baiona... E a partir do minuto 36:15 empeza a falar de Cambados, e a continuación do Grove (41:34) e de Vilagarcía (44:36). Continúa con Pontecesures, Portonovo, Sanxenxo, Padrón, Caldas, Cuntis, A Estrada e remata co Pazo de Oca e Lalín. En definitiva un documento moi interesante. A continuación podes vela íntegra ou o fragmento referido a Cambados collido do canal de you tube de Abel Sineiro.





sábado, 12 de setembro de 2009

FOTOS DO LIBRO DE SÁNCHEZ PEÑA

As fotos que aparecerán nesta entrada foron escaneadas do libro inédito de Xaquín Sánchez Peña, titulado Historia de Cambados e escrito en torno a 1927. As veces son fotos outras veces son postais da época pegadas no manuscrito.




Vista da Rúa do Muelle (actual Avda de Galicia), vese a primeira ferraxería de Otero á esquerda, a Igrexa do Hospital no centro e o Borrón á dereita. Apréciase tamén o malecón feito para a construcción da estrada Gondar-Vilagarcía.















Procesión na Avenida do Muelle. Vese á esquerda o antigo cine Cervantes e ó fondo a antiga lonxa en construción

















O Pósito de pescadores e o edificio vello da Cultural


















Peirao de Cambados



































O vello Hotel da Toxa

















Pazo da Rúa Hospital, propiedade na actualidade da familia Daporta, consérvase bastante modificado.





















Praza do concello, antigo Hotel calixto




















Vista de Santomé desde as "Ghoritas"


















Pazo de Fajardo ou de Salgado, na praza do Rollo, non aparece a torre almenada engadida posteriormente.





















A Calzada, chamada a principios de século, paseo de Cervantes


















O Borrón


















Vella alameda de Santo Tomé










































Ruínas de Santa Mariña
































































Xigantes e Cabezudos na festa de San Roque, Costa do Convento

























Pedro Sánchez Peña, irmán de Xaquín, morto moi xoven

























Na Pastora


















Ostreira




















Comparsa dos "señoritos", danzantes e cabezudos, antroido de 1911




sábado, 5 de setembro de 2009

AS XENTES-1

As 12 fotos seguintes foron facilitadas por X.M. Estévez. Agradecemos desde aquí a súa colaboración.



Procesión. De que Virxe? En que rúa?

Florería Hedra pensa que é a Virxe da Valvanera e o lugar a Alameda de Santo Tomé, á altura da antiga fábrica de Conservas de Otero.























O señor Joaquín

























Nenos diante da Igrexa parroquial

















Xentes do mar

















































































Postal editada nos anos 70. Peirao de Cambados ou de Santomé?
























Barco varado, ao fondo o Borrón e Santo Tomé






















Na praia e Alameda de Santo Tomé. Parece verse á esquerda a fábrica de Peña.




































Antroido




















XM Estévez envíanos dúas fotos máis, grazas de novo




Antroido



















Corpus

























Equipo de fútbol no antigo campo da Merced. Á esquerda aparecen Richar e Víctor Caamaño. Esta foto apareceu na páxina web de UNHA GRANDE CHEA.


















Vendedor de xornais
















Rondalla

















"Mudo"



















Manifestación


















Procesión da Divina Pastora



















Procesión de S. Antón, na rúa do Muelle, hoxe avenida de Galicia, vense ao fondo as casas de Prego
















Procesión de S. Bieito
































































































Procesión do Carme
















Comparsa en Fefiñáns

















Redeiras en Santomé






































Pepe






















Luís


















Edu




































Na Torre de S. Sadurniño



















Casa en Santomé


















Na Pastora



















Na travesía do Muelle
















Autobús