Amosando publicacións coa etiqueta postais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta postais. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xullo de 2013

SERIE DE POSTAIS DO HOTEL CALIXTO


Seguindo co Hotel Calixto publicamos hoxe unhas postais editadas por este establecemento turístico cambadés, probablemente para vender aos visitantes que alí paraban. Están editados pola fototipia Thomas de Barcelona, son en branco e negro e o seu tamaño orixinal era de 14 x 9 cms. A data aproximada en que foron feitas está en torno a 1910. Cremos que se editaron dúas series de 10 postais que finalmente localizamos ao completo.


A primeira postal da serie, como non podía ser doutro xeito, corresponde ao Hotel Calixto. Aparece diante un coche co rótulo de "Garage Moderno", sería tamén de Calixto, como o café Moderno? A postal aparecía no manuscrito sobre a historia de Cambados de Xaquín Sánchez Peña. A postal inferior tamén aparecía nese manuscrito. Ten anotado  polo propio Sánchez Peña "Las Goritas" ou como se di en Cambados "as Ghoritas", esas pedras que estaban á beira do peirao, e están aínda pero bastante cubertas polos recheos que se fixeron e a ponte que comunica co illote artificial e porto deportivo que se fixo en Santomé.







sábado, 15 de xuño de 2013

FOTOS ANTIGAS COLOREADAS

Era moi frecuente a principios do s. XX (e posteriormente, pero con outras técnicas) a emisión de series de postais sobre vistas de vilas galegas. En Cambados foi especialmente importante a serie feita por encargo do Hotel Calixto cara 1910. Pero a que mostramos hoxe é un pouco anterior, cara 1905. Os datos que temos son de que o fotógrafo é Ramón P. Charlín, do que nada sabemos. Foron editadas coa técnica da fototipia e como xa dixemos deberon saír en torno a 1905.

Son fotografías orixinais en branco e negro que logo se colorean a man. Na rede atopamos fotos xaponesas tiradas pola mesma época, finais do s.XIX, principios do vinte e coloreadas cunha técnica similar. Este sistema permitía dar unha apariencia máis real ás fotos, moitos anos antes de que se inventasen os sistemas fotográficos a cor. Hoxe son documentos históricos e bonitas obras de arte.


Pero volvamos a Cambados, Pazo de Fefiñáns:







Igrexa Parroquial


Ruínas de Sta Mariña




Tragove




Muiño da Seca



Se alguén nos pode facilitar información sobre este fotógrafo: Ramón P. Charlín o agradecemos

sábado, 12 de setembro de 2009

FOTOS DO LIBRO DE SÁNCHEZ PEÑA

As fotos que aparecerán nesta entrada foron escaneadas do libro inédito de Xaquín Sánchez Peña, titulado Historia de Cambados e escrito en torno a 1927. As veces son fotos outras veces son postais da época pegadas no manuscrito.




Vista da Rúa do Muelle (actual Avda de Galicia), vese a primeira ferraxería de Otero á esquerda, a Igrexa do Hospital no centro e o Borrón á dereita. Apréciase tamén o malecón feito para a construcción da estrada Gondar-Vilagarcía.















Procesión na Avenida do Muelle. Vese á esquerda o antigo cine Cervantes e ó fondo a antiga lonxa en construción

















O Pósito de pescadores e o edificio vello da Cultural


















Peirao de Cambados



































O vello Hotel da Toxa

















Pazo da Rúa Hospital, propiedade na actualidade da familia Daporta, consérvase bastante modificado.





















Praza do concello, antigo Hotel calixto




















Vista de Santomé desde as "Ghoritas"


















Pazo de Fajardo ou de Salgado, na praza do Rollo, non aparece a torre almenada engadida posteriormente.





















A Calzada, chamada a principios de século, paseo de Cervantes


















O Borrón


















Vella alameda de Santo Tomé










































Ruínas de Santa Mariña
































































Xigantes e Cabezudos na festa de San Roque, Costa do Convento

























Pedro Sánchez Peña, irmán de Xaquín, morto moi xoven

























Na Pastora


















Ostreira




















Comparsa dos "señoritos", danzantes e cabezudos, antroido de 1911