Aconsellamos tamén ler o artigo que publica o blog de A TI MEU CAMBADOS sobre as orixes da nosa festa escrito por Manuel Joaquín Abalo Ozores.
O escritor Álvaro Cunqueiro do que se conmemorou o ano pasado o centenario do nacemento ten fondas raíces en Cambados e na Arousa. En Cambados naceu seu pai Joaquín Cunqueiro, fillo á súa vez do avogado Carlos Cunqueiro e Mariño de Lobeira e de Carmen Montenegro da Povoa do Caramiñal. Por esta pola da familia Álvaro era curmán de Valle-Inclán. Lembraba ben Cunqueiro as súas estadías en Cambados cos seus avós. Na foto superior aparece o pai do escritor e o seu fillo sendo neno.
Cunqueiro asístía con frecuencia á festa do Albariño, da que foi pregoeiro en 1959
Recoñecemos na foto a Cunqueiro (de pé) e a Fraga, o alcalde Joaquín Fole e Filgueira Valverde, sentados.
Nesta foto aparece xunto ao Notario Oficial da festa, Alberto Casal, Mª Vitoria Fernández España, o alcalde Andrés Iglesias, José María Castroviejo e Antonio Magariños.
Outros intelectuais galegos participaron tamén en outras edicións:
Ramón Cabanillas en 1958
Celso Emilio e Otero Pedrayo que foi pregoeiro en 1964
Celso Emilio Ferreiro e Plácido Castro
Nas orixes da festa, documentadas ben polo artigo de Manuel Abalo están personaxes cambadeses coma Bernardino Quintanilla ou Ernesto Zárate:
Quintanilla, Zárate e outros na horta de Botana
Cata no paseo de Calzada, na esquina esquerda vese a Cunqueiro
A comitiva saíndo do Concello
Pizarra en primeiro plano no que se anotaban as puntuacións
Xantar na finca de Bazán, sede oficial despois de utilizarse a horta de Botana e o Pazo de Ulloa
Quizais pudestes comprobar como a festa en épocas pasadas era máis unha festa cultural á que asistían intelectuais relevantes, ben lonxe do que é hoxe: gran festa-espectáculo ou macro-botellón oficial que din algúns, onde prima a cantidade sobre a calidade e na que se ven máis personaxes da política, especialmente dun partido político, que da cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario