Gaiteiro de Cambados, Ramón de Zubiaurre, 1917, aparece a reproducción que conservan na fototeca do Ministerio de cultura
Fixen xa fai bastante tempo (2013) unha entrada sobre os cadros que Ramón de Zubiaurre pintou durante a súa estancia en Cambados en 1917. O bó da información en internet, é que é moi accesible e moita xente pode vela e corrixila. Fai uns días escribiume Encarna Magariños dende o Grove para dicirme que quizais tiña mal identificada a obra O Gaiteiro de Cambados. Efectivamente así era e grazas aos enlaces que me facilitou agora podo corrixir a información. Grazas!
Ramón de Zubiaurre, visitou Cambados no verán de 1917, acababa de casarse con Isolina Gállego e escolleron Cambados para pasar a lúa de mel. O pintor vasco aproveitou a estancia para pintar dous cadros que hoxe descoñecemos onde están, pero conservamos fotografías, e un poema que fixo o noso poeta Ramón Cabanillas despois de haber contemplado os cadros. No xornal vilagarcián Galicia Nueva do 2 de agosto de 1917, aparece un artigo de Dositeo Ulloa no que se di o seguinte:
“Ofrecí ayer ocuparme de ellos con el espacio que merecen y voy a intentarlo, a pesar del convencimiento que tengo de que es labor superior a mis fuerzas. Dos son los cuadros. Uno, que titulará “ El gaitero de Cambados”, y otro, “Veterano del Callao”. Vamos a detenernos un momento ante el primero, de un estilo arcaizante: representa a nuestro convecino Eugenio Barros, con la clásica gaita gallega, como descansando de interpretar una “enxebre” muñeira. El parecido es inmenso y sólo como retrato tendría gran valor artístico si lo atrevido y valiente de su colorido no hiciese llamar nuestra atención al fondo del cuadro. El Palacio de los antiguos condes de Maceda, la gran plaza del Mercado, la iglesia de San Benito de Fefiñanes y, a lo lejos, unos umbrosos pinos de Tragove, de nuestro incomparable Tragove, todo ello bañado por una melancólica luz solar poniente, que principalmente se refleja en la parte superior de las dos torres de San Benito, carecerían para nosotros de mérito artístico si no nos conmovieran de manera distinta del natural; y esto es, en nuestro pobre juicio, lo que da el cuadro que nos ocupa el verdadero título de obra de arte, pues de otra manera no pasaría de ser una buena obra de selección. Todo en el cuadro de Ramón de Zubiaurre responde a un sentimiento de austeridad; así que en él nada hay inarmónico, ni insertonado ni de mal gusto. La “pose” es algo tizianesca (…). Así y todo, los dos cuadros de Zubiaurre son notabilísimos y ellos solos demostrarían que el siglo de oro de nuestra pintura no ha desaparecido. Los dos tipos de los cuadros son bastantes para levantar la bandera del regionalismo. Las dos obras de Zubiaurre serán expuestas en la “Asociación de Artistas Vascos” de Bilbao.
Nuestra cordial enhorabuena al ilustre pintor, que en el corto espacio del tiempo que estuvo entre nosotros tan bien supo interpretar a nuestra Galicia irredenta.”
No cadro retrátase ao gaiteiro Eugenio Barros, en primeiro termo pero sin ocupar o centro da composición, por detrás unha cortina que corresponde seguramente á estancia do pazo no que aparece retratado. Ao fondo unha vista da "Praza do Mercado", coa Igrexa de S. Bieito, na que é posible ver a escalinata orixinal mirando cara o sur. Por detrás aparecen as casas pintadas en branco como era costume nesa época encalalas. E tamén se poden ver os piñeiros de Tragove dos que fala o texto anterior e probablemente máis ao fondo a Illa de Arousa ou a outra banda da Ría.
E este é o poema que escribiu Cabanillas, publicado por vez primeira en A Nosa Terra o 10.10.1917 e posteriomente aparece na 2ª edición de Vento Mareiro (1922):
O GAITEIRO DE CAMBADOS
(Lenzo de D. Ramón de Zubiaurre)
Este gaiteiro celta dos ollos azuados,
un pouco destes días, un pouco lexendario,
labrego un anaquiño, mariñeiro outro anaco,
que recorda as imaxes solenes do Ticiano,
vén da caste daqueles varudos lusitanos
que loitaron de Roma cos fortes lexionarios.
Este gaiteiro celta dos ollos azuados,
no segredo curruncho da súa alma de bardo
e no fol da súa gaita, pechou os hinos sagros
e os berros loitadores dun pobo rudo e bravo
que nas noites de lúa, á soma dos cabalos,
adorou no misterio uns dioses xa enterrados,
o alalá namorante, relixioso e nostálxico,
e a alborada ridora, feita de limpos raios
do morno sol nacente, de pingotas de orballo,
de arumes das roseiras, de chíos dos paxaros.
Este gaiteiro celta dos ollos azuados,
cando o sol alumaba o vello campanario,
cando estaban desertas a praza e mais o adro,
e o mar era un espello, e o vento repousado
bicaba as pedras negras do silenzoso pazo,
veuno e trúxoo a este lenzo, con todo o seu encanto,
Don Ramón de Zubiaurre, o mozo pintor vasco.
Veterano del Callao. Ramón de Zubiaurre. 1917, está datado e asinado. Esta obra era identificada en algúns textos como o gaiteiro, está claro que non o é. Pola información que deixaron (unha vez máis) persoas anónimas nos comentarios sabemos que o cadro foi subastado en 2014.
Encarga Magariños facilítanos máis datos e envía esta nova:
Corresponde ao xornal El Progreso,5 de maio de 1919 e confirma que as dúas obras de que falamos estiveron expostas na Exposición de Bos Aires de 1919. E fala doutra obra: "Joven Gallega" que pudo pintar tamén durante a súa estancia en Cambados.
REMATAMOS PEDINDO COLABORACIÓN:
ALGUÉN SABE DO PARADOIRO DESTES CADROS?
Agradeceriamos que nos facilitasen algún dato, nós e tamén o Museo de Bellas Artes de Bilbao que ten unha magnífica colección de pintura vasca.
Agradecemos aquí a Mikel Urizar, xefe do arquivo deste museo, os datos que nos enviou.
http://www.artnet.fr/artistes/ram%C3%B3n-de-zubiaurre/aldeano-con-cambados-al-fondo-k-H00pz3VkXZHLfG_-GWQg2
ResponderEliminarSubastado 2014
ResponderEliminarhttp://artsalesindex.artinfo.com/auctions/Ramon-de-Zubiaurre-5289514/Aldeano-con-Cambados-al-fondo-1912