Foto dos participantes na Exposición de Arte Galego no recén inaugurado Palacio Municipal do Concello da Coruña en 1917. De esquerda a dereita de pé: Alfredo Tella, o pintor Manuel Abelenda, o xornalista Alejandro Barreiro, o pintor pontevedrés Carlos Sobrino, o arquitecto Antonio Palacios, José Seijo Rubio, o pintor Álvarez de Soutomaior, Francisco Lloréns, Castelao, Concheiro, o crítico madrileño José Francés, Emilio Madariaga (co chapeu nas mans) e González del Villar, hai dúas persoas sen identificar. Sentados: Sra de José Francés, Condesa de Pardo Bazán (que leu o discurso inaugural) e Puga (“Picadillo”), alcalde da Coruña.
En 1920 nos xardíns do Balneario de Mondariz onde o seu amigo Cabanillas, que lle dedicou varios poemas, ingresa na Academia Galega. De pé á esquerda Lloréns, Eladio Rodríguez, secretario da Academia, Enrique Peinador, propietario do Balneario, o arquitecto de Porriño Antonio Palacios e Ramón Cabanillas. Sentada a muller de Lloréns, Eva Rodríguez. Cabanillas escribe un poema na súa honra nas costas deste retrato feito polo fotógrafo vigués Saraiba.
Participou na homenaxe ao seu amigo Asorey que lle tributaron en Cambados en 1922 e ese verán e algún máis visitou a nosa vila e deixou varios debuxos e pinturas das nosas paisaxes que hoxe traemos aquí.
A RÚA HOSPITAL
A PRAZA DE FEFIÑÁNS
E rematamos cun magnífico lenzo da praza en día de Mercado que ten unha familia de Santiago
Doutro lenzo pintado en Cambados, e do que xa se falou, descoñecemos o paradoiro e só se conserva unha fotografía en branco e negro. Alguén sabe onde pode estar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario