Foi un gran afeccionado á fotografía que combina tamén co seu interese pola pintura e o cine. Durante a súa estancia en Cambados nos anos 20-30 tomou numerosas fotografías da vila, das súas rúas e monumentos e das súas xentes, recollendo esceas do mercado -que naquel entón aínda se celebraba en Fefiñáns- ou do traballo dos mariñeiros.
O fondo documental de Bellver está custodiado no Museo de Pontevedra, e en Cambados expóñense agora 62 imaxes, seleccionadas pola comisaria María Reyes Camiña. A exposición estará aberta ata o 13 de xaneiro, no Pazo de Torrado.
A Bellver, en liña coa pintura impresionista, interésalle especialmente a luz. As súas imaxes teñen un valor etnográfico e histórico, por retratar motivos da primeira metade do século XX pero tamén teñen un gran valor artístico. Prefire, coma os impresionistas, as vistas do mar e a auga, prefentemente en contraluz, como vemos na imaxe superior de dornas en Cambados fronte ao Grove.
Vista da Torre de San Sadurniño tal como se conservaba nos anos 40, posteriormente derrubouse unha parte e foi reconstruída.
Dornas co Grove ao fondo
Regata de "traineras"
Dornas e mariñeiros no peirao de Cambados
Ningún comentario:
Publicar un comentario