xoves, 1 de agosto de 2013

O PAZO DE BAZÁN E A FESTA DO ALBARIÑO (2)

O Pazo de Bazán está moi unido ás orixes da festa do Albariño. A primeira edición da festa tivo lugar en 1953 por iniciativa de Bernardino Quintanilla. O I Concurso do Albariño fíxose na finca ou horta de Ánxel Botana (xenro de Ramón Cabanillas), repetiuse escenario na edición de 1954 e 55 e en 1956 faise na finca da casa dos Pazos ou de Ulloa.

A  primeira comida do Albariño foi na horta de Botana un 28 de agosto de 1953, festa da Pastora. Manolo Pillado  deixanos un comentario no que identifica a todos os personaxes desta foto, de esq a dta: Manuel Pillado Fernández, Bernardino Quintanilla, Notario de Vigo, Ernesto Zárate, José Otero Otero e Isidoro Millán. E agora teño unha dúbida, se Zárate ten un trofeo na man que gañou na 2ª edición da festa, na 1ª fíxoo José Rodiño Méndez, esta foto será da 1ª ou da 2ª  edición da festa do albariño, en 1953 ou 1954?


Os asistentes van aumentando e a horta de Botana quédase pequena. No 1958 por mor da chuvia o xantar celébrase na Cultural en no 1959 empézase a utilizar a horta do Pazo de Bazán.

Estas fotos que aparecen a continuación corresponden ao xantar de 1959 na horta ou xardíns do Pazo de Bazán.


Presidiron o xantar de esq a dta: Alberto Casal, o escritor Álvaro Cunqueiro, a xornalista Mª Victoria Fernández España, o alcalde Andrés Iglesias, con traxe branco o escritor José María Castroviejo e á dereita de todo Antonio "Tucho" Magariños.


Tamén asisten nesta edición Celso Emilio Ferreiro e Plácido Castro del Río. A festa foi durante moitos anos un lugar de encontro de intelectuais galegos e de exaltación galeguista, como ten remarcado o xornalista Benito Leiro.


Discurso de Álvaro Cunqueiro


 Álvaro Cunqueiro foi un gran valedor da festa, asistiu moitos anos e falou repetidamente na prensa de Cambados, do Albariño e da súa festa, traemos aquí un deses estupendos artigos:


Nunha edición dos anos 70 Cunqueiro descúlpase no Faro de Vigo por non asistir ese ano á festa. O feito de que tampouco acuda o seu amigo José María Castroviejo e certo desacordo co rumbo que está tomando a celebración, son as motivacións principais:

"Pero me veo obligado a decir que en la nación de los albariñenses, José María y yo, como el escribano del Albariño, Alberto Casal, éramos, y somos, fieles de una manera muy nuestra y libre , amorosa. Y el vino Albariño lo sabía, y lo sabe. Por ello, entre otras cosas, hemos querido para el Albariño, siempre, una fiesta un poco diferente a la que se le viene haciendo, una fiesta popular y gozosa, una romería".

Pois a nós tamén nos gustaría outro tipo de festa na que a cultura teña maior presenza e os políticos  menos. Onde sexan compatibles a diversión , o consumo moderado de alcohol e a promoción turística.





2 comentarios:

  1. Os personaxes que aparecen na primeira foto de "O Pazo de Bazán e a Festa do Alvariño (2)" son,según información de Ernesto Losada, de esquerda a dereita:
    Manuel Pillado Fernández
    Bernardino Quintanilla
    Notario de Vigo
    Ernesto Zárate
    José Otero Otero
    Isidoro Millán

    ResponderEliminar